Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ourensá Inés Osorio presentou tres deseños na pasarela de Madrid
Con só 21 anos e a piques de terminar a carreira de Deseño de Moda na escola madrileña Esne, Inés Osorio pode dicir que as súas creacións xa desfilaron na pasarela máis importante a nivel nacional, a Mercedes Benz Fashion Week. A oportunidade xurdiu grazas ao centro no que estuda. «En terceiro proponnos crear unha colección a partir dun tema e en cuarto toca presentala cun desfile», explica. No seu caso, o concepto exposto era o espido. «O bonito é que cada un o enfocamos desde un punto de vista moi diferente», afirma. Ela escolleu espir metaforicamente as antigas técnicas de artesanía . «En Galicia temos moitísima tradición artesá á hora de crear, de tecer, de producir... o que fixen é traer iso á actualidade», conta Inés. O resultado foron tres deseños nos que combina esas técnicas tradicionais coas tendencias máis modernas. Conségueo, por exemplo, incluíndo pequenas pezas de la calcetada a man por ela mesma. Noutro dos looks a modelo loce unha especie de delantal asimétrico por amais do traxe: «É unha homenaxe ao típico mandil que vestían os labregos galegos. Está feito en coiro natural e quere evocar ao campo e a natureza», engade.

O gusto pola moda chegoulle de nena, aínda que admite que tardou en darse conta de que quería ser deseñadora. «Creo que mo inculcaron os meus avós. Ela era profesora de corte e confección, tiña un pequeno taller de arranxos, Teas Vara, e el rexentaba un almacén de tecidos, Santos», lembra. A un mes de acabar os seus estudos, a Inés gustaríalle entrar nunha empresa de moda: «Gañar experiencia e sentir o que é unha marca xa creada». Logo xa se verá se voa por libre. Por agora queda coa ilusión de desfilar na pasarela de Madrid . «Non me esperaba o sentir axiña que o que era iso. Mostrarche nun escaparate tan grande é unha oportunidade única e aínda que pasei moitísimos nervios a verdade é que foi superemocionante», termina.

Paula Vázquez nº17 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-04-2021 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0