Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha anomalía cálida no Atlántico afectará a Galicia esta primavera

As augas quentes poderían propiciar máis inestabilidade na comunidade galega e tormentas nas rexións subtropicales
O aumento da inestabilidade asociada á borrasca Lola das últimas horas pode ter unha explicación na onda de calor mariña que hai na parte oriental do Atlántico. Unha anomalía positiva na temperatura da auga que abarca desde a rexión subtropical ata a costa galega. «É probable que esa anomalía cálida estea aumentando a evaporación, e polo tanto a cantidade de vapor de auga que está recibindo a borrasca Lola», recoñece Damián Insua, investigador do grupo de Física Non Lineal da USC. E ollo porque esas augas cálidas ten a capacidade de propiciar unha maior actividade atmosférica nas nosas latitudes durante as próximas semanas. «Pode influír en que aumente algo a inestabilidade propia da primavera con máis episodios tormentosos porque coa auga máis cálida hai máis evaporación e o aire en contacto coa auga ademais gaña algo de temperatura de forma que axuda a que a inestabilidade sexa maior», engade Juan Taboada, de Meteogalicia.
Ademais, esa rexión tan ampla de augas máis quentes do habitual tamén afectaría á dinámica do anticiclón. «Se a anomalía cálida persiste é probable que o anticiclón das Azores se debilite e teñamos máis precipitación do habitual nos próximos meses. É importante matizar que cando falamos do debilitamento do anticiclón, referímonos a un promedio estacional, tamén haberá días nos que estea forte pero en promedio podería estar máis debilitado e por tanto favorecer a que haxa máis días con chuvia», sostén Insua.

Marco Conde Losada n2 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-04-2021 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0