Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Xunta prioriza a vacinación ás persoas de entre 65 e 69 anos

Ata que non se complete ese obxectivo, o Sergas non proseguirá cos grupos esenciais que restan por inmunizar
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, durante a visita que efectuou ao Hospital Meixoeiro acompañado ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, confirmou que o Sergas vacinará inmediatamente ao grupo de idade comprendido entre os 65 e os 69 anos, para proseguir despois este proceso co persoal esencial que aínda non recibiu a súa dose.García Comesaña lembrou que, cando o Consello Interterritorial de Saúde decidiu suspender a vacinación con AstraZeneca , foi cando se estableceu a suspensión da vacinación dos grupos esenciais.«Todo quedou pendente da evolución da indicación de AstraZeneca, e agora o que temos contemplado é queíimos traballar co grupo de 65 a 69 anos, que é o principal obxectivo agora mesmo», afirmou o conselleiro.Nestes momentos, o Sergas está a vacinar ao segmento de idade comprendido entre os 60 e os 65 anos, para, posteriormente, afrontar a inmunización das persoas de entre 65 e 69 anos. García Comesaña non concretou as datas para o inicio da vacinación a este grupo.Unha vez que o Sergas finalice co colectivo de entre 65 e 69 anos, priorizarase ás persoas dos grupos declarados esenciais menores de 60 anos e que non están vacinados. No caso dos docentes galegos, trátase dun 16 %, mentres que na comunidade educativa hai outro 12 % cento de persoal non docente que non recibiu ningunha dose.Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que Galicia está a empregar «toda a capacidade» do sistema sanitario público no proceso de vacinación, «en función das doses que vaian chegando», e repetiu que se mantén a previsión de ter vacinada á poboación maior de 60 anos a finais de xuño.«A vacina funciona. Necesitamos agardar e ter paciencia», reclamou o titular do Executivo galego, quen explicou que, «para cumprir ou obxectivo» de xuño, é necesario que «non se rompa o stock de AstraZeneca e Janssen, e que se incorporen novas doses de Pfizer, e novas vacinas, como Novavax, Sputnikou calquera que teña a autorización da EMA».O presidente galego tamén incidiu en que esta fin de semana están citadas 35.000 persoas para vacinarse, e que o domingo volverán citarse «a miles».


Raquel González Castro
Segundo Bacharelato B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-04-2021 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0