Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ledicia Costas lidera a listaxe de libros máis lidos dos clubs de lectura escolares
A nómina de libros e autoras máis demandadas polos Clubs de Lectura do
ensino secundario no curso 2019/2020 está liderada por Infamia e pola súa
autora Ledicia Costas, que ten outro título, Jules Verne e a vida secreta das
mulleres planta, na sexta posición.
Infamia, que integra o catálogo de 109 dos clubs participantes, conta a historia
de Emma, unha avogada profesora de dereito penal que chega á vila de Merlo
para dar clases, sen saber que o lugar está marcado pola desgraza. A súa
chegada ao lugar coincide cos 25 anos da desaparición das irmás Giraud.
A segunda obra no ránking é a Memoria do silencio de Eva Mejuto, unha
novela a tres voces, as de Günter, Lola e Frieda, que explora desde 1943,
entre ficción e realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado recente:
Galiza durante a II Guerra Mundial.
O terceiro lugar ocúpao a obra de María Solar Os nenos da varíola, que conta a
historia das crianzas “heroicas” que transportaron nos seus corpos a vacina da
varíola na súa viaxe a América. E xusto detrás, Beleza vermella, de Artanxa
Portabales. Unha novela negra que relata o “espantoso” crime cometido nunha
instalación artística de vangarda.
Completan o “top ten” entre a listaxe dos 50 máis lidos: O último barco, de
Domingo Villar; Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia
Costas; O que sei do silencio, de Andrea Maceiras; O neno do pixama de raias,
de John Boyne; Senlleiras, de Antía Yáñez; e Mentira, de Care Santos.

Ricardo Tornero Belloso - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-04-2021 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0