Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Campión, antes e despois de ter cancro
A enfermidade cruzouse no seu camiño. Pero non o detivo. Segue sendo un campión. Ao coruñés Iago Fernández Garrido pasáronlle moitas cousas nos seus 21 anos de vida. Acaba de conseguir ouro en espada, e ouro por equipos (en florete), e prata en florete e en sabre a nivel individual no Campionato de España de Esgrima Adaptada que se celebrou en Cidade Real. Afeccionouse a este deporte en 1.º da ESO e gustoulle. «Déuseme ben, aínda que tampouco era para tanto. Gañei varios campionatos galegos e un en Portugal. Quedei entre os oito primeiros do ránking de España entre os menores de 15 anos», lembra.
A esa temperá idade, un cancro de ósos de nome osteosarcoma cambiou a súa mobilidade. Desde entón unha prótese impídelle dobrar a perna. Pero Iago era un campión e empeñouse en seguir séndoo. «Custoume. Tarde un tempo en volver. Estiven a pensalo unha vez que pasou todo. E agora estou contento do paso dado», reflexiona. Agora compite en cadeira de rodas, pero con idéntica habilidade que antes coa espada, o florete ou o sabre. Estuda Informática e fala con madurez e serenidade de todo o que lle pasou. Un campión, antes e despois do cancro e un exemplo para todos.

Paula Rey-Stolle González, nº 20
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-04-2021 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0