Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Deputación destina o que non puido gastar en actos culturais a limpeza viaria e emprego
O próximo pleno da Deputación ourensá debaterá unha proposta de modificación orzamentaria do goberno provincial. Preténdese , en concreto, que o diñeiro que a institución non gastou en subvencións para actividades culturais e recreativas destínese a outra partidas. O executivo quere destinar eses 112.000 euros en dous obxectivos: 92.000 euros para cooperación municipal en materia de limpeza viaria e 20.000 para reforzar o plan de emprego para mozos que ten en marcha a Deputación. Nesta mesma modificación inclúense outros cambios de menor entidade nalgunhas subvencións, para modificar a súa finalidade ou o beneficiario das mesmas.

Este asunto será sometido a debate esta semana en comisión informativa, como paso previo ao pleno do último venres do mes. Nesa sesión abordarase, ademais, a proposta do goberno para asinar un convenio coa Dirección Xeral do Catastro para os 47 municipios da provincia que teñen delegadas na Deputación ourensá a competencias de xestión deste ámbito.

Andrea Romero nº15 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-04-2021 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0