Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Máis de mil quilómetros de peaxes sen saír de Galicia se se implanta o cobro en autovías
A compensación que o Goberno central última para rebaixar aos galegos as peaxes e o maior tempo de concesión do país na autoestrada AP-9, podería diluírse se o propio Executivo leva adiante o plan para cobrar nas autovías. O Comité Nacional do Transporte xa está convocado para empezar a falar do sistema ideado para recadar fondos para o mantemento da rede de estradas. Os transportistas galegos ven con temor o golpe que lles suporía e advirten da perda de competitividade que lles carrexaría a eles e aos produtores galegos ter que abonar peaxes en función dos quilómetros percorridos desde unha comunidade periférica que conta con dúas das catro provincias de toda España máis afastadas de Madrid e tamén das máis apartadas da fronteira francesa.Pero non fará falta saír de Galicia para pagar en autovías se o Goberno acaba implantándoo e a Xunta chega a asumir nalgún momento a mesma fórmula. A peaxe pendería sobre algo máis de mil quilómetros de autovías e autoestradas dentro da comunidade. O catálogo de estradas do Ministerio de Transportes cifra en 335,3 os quilómetros de autoestradas de pagamento existentes en Galicia. As autovías gratuítas suman outros 559,9 quilómetros, aos que haberá que engadir os 61,5 da futura autovía Lugo-Ourense; os 28 da autovía A-57, que só está en obras aínda para circunvalar Pontevedra, e os 14 do viario de alta capacidade autonómico Tui-A Guarda. En total 1.016,7 quilómetros que poderían pasar de ser gratuítas para o usuario a estar sometidas a peaxe.


Raquel González Castro
Segundo Bacharelato B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-04-2021 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0