Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Aproveite o anticiclón, veñen cambios no tempo en Galicia

A semana que vén cambia a configuración que dominou durante as últimas semanas
Aproveiten ao máximo as horas de bo tempo previsto para a fin de semana porque todo apunta a que a partir do luns cambia a configuración atmósferica. De feito, o propio luns está previsto a chegada dunha fronte que deixará choivas xeneralizadas. Alguén dirá entón, pero ¿non dixeran que a primavera ía ser seca? E estao sendo, sen dúbida. Levamos case un mes de estación, e as precipitacións foron moi escasas. Ademais, que a Axencia Estatal de Meteoroloxía diga que o próximo trimestre será seco en ningún caso significa que vaia a deixar de chover. Se así fose, estariamos ante unha grave situación de seca.
Desde o punto de vista atmosférico, ata agora estivo dominando o anticiclón dos Azores. O seu elevado peso e a súa posición ao norte da Península estivo bloqueando o paso das baixas presións, que estiveron afectando a outras zonas como, por exemplo, ao sur peninsular. Isto ocorre a miúdo cando ás borrascas interrómpeselles as súas rutas naturais no Atlántico. Deben buscar alternativas e moitas veces, toman camiños ou moi ao norte ou moi ao sur. Así, resulta frecuente que cando en Galicia hai bo tempo, a inestabilidade trasládase a Canarias. Justo ao revés do que adoita ser normal.

Marco Conde Losada
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-04-2021 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0