Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un estudo revela que a inxestión de alcol na adolescencia altera as áreas do cerebro
Investigadores do Instituto de Investigacións Biomédicas de Málaga (IBIMA) determinaron nun ensaio en ratas novas que o consumo de alcol na adolescencia afecta aos sistemas de sinalización en certas rexións cerebrais e altera a resposta emocional na idade adulta.

En concreto, o consumo voluntario de alcol durante a adolescencia afecta á expresión do sistema endocannabinoide principalmente en dúas rexións cerebrais, o hipocampo e a cortiza cerebral, que están asociadas á aprendizaxe, á memoria e á toma de decisións, segundo informou este luns a Fundación Discover nun comunicado.

Estas áreas cerebrais son fundamentais no desenvolvemento da adicción porque forman parte do circuíto de recompensa principal e a alteración deste sistema nestes puntos específicos podería estar relacionada coa aparición de signos de ansiedade e o estado emocional negativo producido pola abstinencia.

Os investigadores do IBIMA, que desenvolveron o estudo en colaboración co Instituto de Investigacións Médicas do Hospital do Mar (IMIM) de Barcelona, indican que esta inxestión precoz de alcol produce tamén alteracións a longo prazo nas respostas emocionais inespecíficas na idade adulta.


Lucía Suárez 1 BACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-04-2021 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0