Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Carlos Andrés García Orozco: «Medicina é unha carreira de resistencia»
Carlos Andrés García Orozco é un deses profesionais da Medicina que deixan claro que a vocación é clave. No seu caso, unha vocación máis que temperá: «de pequeno tiña moi claro que ía estudar Medicina», lembra. «Fascinábame coleccionar os atlas de anatomía que saían no xornal e os documentais sobre o corpo humano que transmitía Discovery Channel».

Aos seus 23 anos, García cursa o último ano de Medicina na Universidade de Guayaquil, en #Ecuador, pero desde moi pronto se deu conta de que a investigación, a docencia e as ciencias morfolóxicas eran o seu.

«Encántame ensinar e compartir o aprendido, despexar dúbidas, aprender dos meus alumnos e incitalos a que descubran a verdade por si mesmos, como faría Sócrates», declara.

A maneira que ten García de falar sobre o seu periplo como estudante delata esa paixón xenuína das persoas que están a exercer a súa verdadeira vocación: «Desde fóra a carreira pode parecer longa e mesmo difícil, pero cando estudas o que amas, cando estás a facer o que sempre quixeches, o tempo pasa rápido e hai que saber aproveitalo», declara.

«O camiño foi sinuoso e enfronteime a todo tipo de retos académicos que puxeron en xaque as miñas horas de soño e o meu tempo libre, pero ao final todo o esforzo vale a pena».

Esta vocación e a súa mente inquieta -fala tres idiomas e está a aprender o cuarto- provocaron que Carlos Andrés García compaxine os seus estudos coa súa carreira como divulgador, que leva a cabo tanto nas súas redes sociais a través de Youtube como participando como relatora en cursos e conferencias.

Lucia Rodrigues
1º ABACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-04-2021 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0