Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A XUNTA DENUNCIA O PARO DUNHAS OBRAS EN A CAÑIZA
O anuncio por parte do Goberno de España de que as obras de reparación do túnel da Cañiza, inutilizado en sentido Ourense desde que se produciu o incendio dun tráiler portacoches no seu interior, estenderanse, como mínimo, ata o mes de maio, segue causando preocupación entre as administracións locais e autonómicas. A última en expresar o seu malestar foi a Xunta, que denuncia a paralización das obras.
Segundo a Consellería de Infraestruturas, persoal técnico do seu departamento visitou este mércores a zona “e comprobou que non hai ninguén traballando nas obras”. “A nosa preocupación creceu moito. Non é comprensible”, denuncian desde a Xunta.
Esta paralización dos traballos podería explicarse coa necesidade de encargar a elaboración de pezas a medida a diferentes fabricantes europeos, posto que algunhas das pezas que configuraban o túnel están non catalogadas a día de hoxe.

LUCÍA AL
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-04-2021 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0