Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Homenaxe a Domingo de Andrade, formulador da imaxe de Santiago |
|
A Real Academia Galega de Belas Artes (Ragba) presidiu onte un acto institucional en lembranza do arquitecto Domingo de Andrade, persoeiro homenaxeado en 2020 e 2021 no Día das Artes Galegas.
O evento celebrouse na Capela da Concepción da Catedral de Santiago, lugar onde está soterrado Andrade, e na nave de Azabachería coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, Román Rodríguez; o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; o deán da Catedral de Santiago, José Fernández Lago; o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo; e o presidente da Ragba, Manuel Quintana Martelo.
Os asistentes enxalzaron o esplendor da obra de Andrade como “formulador da imaxe de Santiago na contorna da Catedral”, recoñecemento simbólico do que a Real Academia Galega de Belas Artes, en colaboración coa Fundación Catedral, quixo deixar constancia co descubrimento dunha placa conmemorativa a carón da súa tumba.
Xunta de Goberno da Academia e diversos académicos, así como o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Blanco; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela Louzán; e o arquitecto do Plan Director da Catedral de Santiago, Javier Alonso de la Peña.
Iván Abad Álvarez
1° BACH B |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|