Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os maiores de 80, contra o covid-19: «Esta vacina supón un paso á fronte»

Veciños das comarcas do Carballiño, Verín e Viana do Bolo acudiron a unha rolda extraordinaria nos centros de saúde das tres localidades

Conchita Puga e Pepe Carballido, un matrimonio do Carballiño, saían este xoves do centro de saúde do municipio dando un pasito máis na súa blindaxe contra o covid-19. A Pepe, de 86 anos, tocoulle pórse a primeira dose e marchábase tranquilo. «Non notei a picada», dicía.El foi un dos 360 veciños maiores de 80 anos de toda a comarca que foron citados polo Sergas dentro dunha rolda de vacinación extraordinaria que tamén tocou de preto a Verín e Viana do Bolo, onde se habilitaron os centros de saúde de ambos os municipios, con 150 convocados, así como o hospital comarcal verinés, con outros 391. María del Carmen Vázquez, de 84 anos e oriúnda de Punxín , acudiu ao Carballiño acompañada polo seu fillo. Recibiu a súa segunda dose e, tras a máscara, se atisbaba un cambio de aspecto ao aludir ao comezo da pandemia, como unha mestura de temor e respecto ante o experimentado. «Esta vacina supón un paso á fronte. Nunca vivín algo como isto, así que lle dou moita importancia. De feito, cando empezou todo en China , non cheguei a pensar que o virus chegaría aquí», contaba María del Carmen. Xa pasou máis dun ano e a realidade é que é o coronavirus non só chegou, senón que quedou. E outra realidade é que a vacina era -e é- unha especie de coraza agardada por moitos, algo que testemuñaba Pilar Gulías, de 80 anos e veciña de Beariz . Xunto a ela ía a súa irmá maior, Ramona, de 89. «Xa pensei que non nos chamarían, así que estou feliz por vir», dicía a primeira. Foron citadas por teléfono, e agradecían que o Sergas optase por esta vía para notificar os avisos aos máis maiores. «No meu caso, creo que vexo mellor unha chamada que a mensaxe SMS», engadiu Pilar . Para ambas, a convocatoria deste xoves implicou someterse á súa primeira dose. Talvez unha mera anécdota á espera de completar o proceso coa segunda, pero tamén algo novo que contar aos seus familiares con residencia en México , que, segundo contaba Ramona, optaron por viaxar recentemente aos Estados Unidos para poder recibir a vacina cando antes. No Carballiño expúxose unha xornada partida con quendas de mañá e tarde: houbo 240 convocados para a primeira dose na franxa matinal e outros 120 na vespertina. Verónica Civeira, coordinadora dos equipos de vacinación, mostrábase satisfeita co balance do día. «A xente veu encantada. E fixérono desde todos os puntos da comarca, porque O Carballiño é o noso punto de referencia tamén por motivos loxísticos, pero ata aquí acudiron veciños que viven no Irixo, Maside...», explicou.

Raquel González Castro
segundo bacharelato B


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-04-2021 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0