Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Catro pacientes máis na uci mentres a incidencia do covid-19 segue á baixa en Galicia
O efecto das vacacións déixase ver na fotografía epidemiolóxica de Galicia, que entra na recta final da Semana Santa aínda en fase de meseta e con tendencia á baixa en todos os indicadores excepto o de hospitalizacións por coronavirus .

O número de pacientes en críticos aumentou en catro pacientes, un total de 34 no conxunto de Galicia, mentres que os ingresos en plantas covid mantéñense estables, cun paciente menos que o día anterior (179). Hai que ter en conta que as fins de semana adoita haber un repunte dos ingresos simplemente porque se dan menos altas hospitalarias que durante a semana. A Coruña segue sendo a área sanitaria que soporta maior carga asistencial, con quince pacientes con covid-19 en coidados intensivos, practicamente a metade do total de Galicia, seguida de Vigo, que neste momento mantén oito ingresos en críticos.

O mesmo ocorre nas plantas covid. Máis dun terzo do total de ingresados estano en camas da área da Coruña (67), seguida de novo de Vigo, con 42 pacientes, o dobre dos que están hospitalizados en Ourense (21). As áreas en mellor situación son neste momento son Ferrol e Lugo, con seis e 10 pacientes ingresados, respectivamente, aínda que o mínimo de pacientes críticos téñeno Ourense e Pontevedra, cun en cada área sanitaria.

Miguel Arias nº1 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-04-2021 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0