Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia rexistra o menor número de casos activos e de novos contagios desde outubro

Menos casos activos, menos positivos diarios, menos pacientes en uci, menos Incidencia Acumulada e menor taxa de positividade. A curva da terceira onda que chegou a límites nunca vistos, descende con rapidez, aínda que hai grandes diferenzas entre as distintas áreas sanitarias coa Coruña na situación máis delicada, acumulando catro de cada dez novos contagios e un terzo de todos os casos. Pero as cifras xerais da comunidade melloran día tras día, o único pero da última xornada está nos pacientes hospitalizados en planta, que suman cinco ingresos. Se comezamos analizando o número de enfermos que están agora mesmo pasando o covid-19 en Galicia, chegamos a unha das máis rápidas melloras: son 5.485 persoas, segundo o último balance do Sergas, o que sitúa os casos activos nunha cifra nunca vista desde o pasado 21 de outubro, antes do peor da segunda onda. En mínimos desde fai case cinco meses sitúanse tamén os novos contagios diarios: 208 -194 a través dunha PCR- nas últimas 24 horas, para atopar un número tan baixo hai que retroceder ata o pasado 7 de outubro. Hai exactamente un mes, os positivos que se rexistraban cada día en Galicia eran sete veces máis -1.468 o 28 de xaneiro-. A taxa de positividade baixa ata sitúarse no 3 %, dentro dos niveis considerados óptimos.


Alejandro Fernández Blanco
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-02-2021 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0