Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha campaña esixe a Tik Tok que acepte o galego como lingua oficial

O rexeitamento á lingua da Galiza por parte da rede social transcendeu a
pasada semana, despois de que a Xunta non puidera pór unha campaña sobre
o sector cultural. Diferentes usuarias e usuarios da plataforma amosan o seu
apoio á idea do activista Carlos Vieito.
En paralelo á conmemoración do Día da Lingua Materna -que foi este domingo-
e despois de que a plataforma dixital de moda, TikTok, bloqueara a posibilidade
de facer publicidade oficial en galego, o activista dixital Carlos Vieito e A Mesa
pola Normalización Lingüística veñen de lanzar unha campaña para que a
compañía acepte esta lingua como oficial.
A iniciativa, que se bautizou como 'Conquistemos TikTok!' demanda á rede
social que inclúa o galego entre os idiomas que considera oficiais e, en
consecuencia, permita o seu uso tanto para campañas promocionais como
para outros proxectos.
A idea é que esta campaña decorra durante toda a semana para “concienciar á
comunidade galega e facer un chamamento a TikTok”, pois a ninguén se lle
escapa que hai miles de usuarias e usuarios galegos.


Carmen Cabrera Dorrío
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-02-2021 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0