Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Xunta protexerá o Camiño Real con máis de medio millón de euros
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou este sábado o castelo de Monterrei para presentar o proxecto que a Xunta licitará nas próximas semanas para garantir «a conservación e autenticidade» do Camiño Real, que dá acceso á fortaleza. O goberno autonómico investirá ao redor de 650.000 euros nesta actuación, que ten como obxectivo «incrementar e reforzar o interese patrimonial deste espazo medieval», explica un comunicado difundido pola Consellería, que precisa que se mellorarán as condicións de accesibilidade ao castelo e incorporaranse as redes de canalización e saneamento. Ademais arranxarase o pavimento, que nalgúns puntos acumula unha importante deterioración.

«Galicia ten a sorte de contar cun rico patrimonio cultural, pero ademais de garantir a súa conservación, é fundamental que as administracións traballemos para que o noso legado continúe vivo e sexa unha fonte de orgullo e un recurso útil para todos os veciños», dixo o conselleiro, Román Rodríguez, que asegurou que «esta obra reforzará os valores culturais de autenticidade deste trazado facilitará que os galegos poidan coñecer o interior destas murallas».

Paula Vázquez 2ºB nº17
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-02-2021 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0