Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Policía de Carnota impuxo unha trintena de multas a veciños da área sanitaria coruñesa por saltarse o peche |
|
O alivio das restricións para conter a pandemia de coronavirus librou a Barbanza dos peches perimetrales, pero non a outros municipios que lindan coa comarca. É o caso dos concellos incluídos na área sanitaria da Coruña e, a pesar diso, foron moitos os que optaron por saltarse a norma para pasar a asollada xornada de onte nas praias de Carnota. Dan fe diso na Policía Local, que en só unha tarde impuxo unha trintena de sancións por esta razón.
A afluencia de persoas á praia de Carnota provocou incluso algún que outro atasco nos accesos, o que levou aos axentes municipais a establecer controis nos que se atoparon con veciños de municipios como Carballo ou incluso A Coruña, a pesar de que a súa área sanitaria está nun nivel de restricións superior e, xa que logo, non poden desprazarse a Barbanza. Moitos dos cidadáns identificados a Policía Local alegaron descoñecer esta norma, mentres que tamén houbo quen recoñeceu estar a se saltar o peche perimetral a propósito, como unhas turistas procedentes de Madrid.
- Paloma González González, 2°B
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|