Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O BNG ve «inexplicable» que non se teñan aplicado xa as rebaixas na AP-9.

Unha caravana de coches percorreu A Coruña para instar o Goberno central a que tome as medidas previstas

O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego asegurou este domingo, tras a súa participación nunha caravana protesta, que é «inexplicable» e «inadmisible» que o Goberno central non teña aplicado xa as rebaixas na AP-9. Así se expresou na Coruña tras formar parte da marcha, secundada por uns 120 automóbiles segundo a organización, que partiu ás 11.00 horas do aparcadoiro da Facultade de Informática para culminar ante a sede da Delegación do Goberno en Galicia.
Con pancartas que rezan «Xa abonda, o Goberno español non cumpre con Galicia. Estafa, insulto, vergoña», informa Efe, centos de persoas percorreron cos seus turismos as rúas coruñesas, desde o Campus de Elviña, a Avenida Alfonso Molina ou a zona de Catro Camiños. «Unha vez que están as partidas presupostadas, non hai ningunha razón para que se siga atrasando a aplicación das medidas previstas, tanto da bonificación para os usuarios recurrentes, como da absorción polos PGE das subidas previstas nos convenios de 2011 e de 2013 ou a gratuidade do tramo Vigo-Rendondela», sostivo Rego.

Marco Conde Losada n2 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-02-2021 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0