Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sen os turistas, isto perde todo o seu sentido

A recuperación da mobilidade levou aos ourensáns a Allariz ou ao centro comercial Ponche Vella

A recuperación da libre mobilidade entre os concellos con restricións de nivel medio cambiou a cara esta fin de semana a núcleos como Allariz, onde o feirón, a pesar de coincidir o mesmo día cos de Xinzo e O Carballiño, espoleó a veciños dos arredores e tamén a algúns turistas a deixarse caer pola zona.Elvira Quintas, que regresou do País Vasco hai 25 anos, afanábase en colocar as mesas das terrazas no Pepiño, xa con todas as súas reservas completas para comer no exterior este sábado. O menú, desde que comezou a pandemia, consúltase no móbil a través dun código QR. Por alí apareceron aos poucos minutos Lidia e a súa parella, que se desprazaron desde Ourense para coñecer a localidade allaricense. «Eu xa estivera aquí, pero el non. E hai bo ambiente», concluía antes de pedirse un vermú.
Marcos Atrio, que rexenta unha librería, abundaba nesa especie de imán que ten Allariz para os viaxeiros. «Aquí vívese ao 100 % do turismo. Se non o hai, isto perde todo o seu sentido», explicaba. O bo tempo acompañou onte a progresiva desescalada no municipio, ao que regresaron moitos dos vendedores ambulantes. Do Mercado da Biosfera saían veciños como Germán e Lorena, co carro da compra ata os topes. O mercado nunca deixou de estar activo, pero quen máis e quen menos confirmaba que onte se vía máis movemento e visitas desde outros concellos. A concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio, María López, foi unha das que acudiu ao mercado e percibía «algo máis de alegría entre a xente» e indicaba que, ao haber aperturas comerciais noutros concellos, «aquí tampouco se chegaron a dar aglomeracións, e iso tamén é importante».Na capital, o centro comercial Ponche Vella volveu recuperar o ton das fins de semana tras practicamente un mes sen ver as súas terrazas e comercios operativos en sábado. Ourense foise desperezando a medida que se despexaba a néboa matinal, e foi o sol o que empuxou, aos poucos, a que as mesas exteriores dos bares fósense enchendo.María Teresa Alberte, dona dunha tenda de chucherías, regresou á actividade hai apenas unha semana, e a contagotas, indo paso a paso para calibrar se o retorno sería rendible. Coas tendas de roupa xa abertas, a cousa si cambiou.
Este sábado había devolucións de antigas compras, novas adquisicións xa con vistas á primavera e tamén regresaron clientes desde outros puntos da provincia e incluso Lugo. «Os veciños da cidade adoitan tirar moito máis cara á zona da rúa do Paseo. Ao centro comercial vén moita xente do Carballiño e Monforte, por exemplo», dicía Jennifer Vázquez, dependenta nunha das tendas xa abertas.

Raquel González Castro
Segundo Bacharelato B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-02-2021 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0