Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Estados Unidos dá luz verde á vacúa monodose de Johnson & Johnson |
|
O comité asesor de vacinas da Administración de Alimentos e Medicamentos de Estados Unidos (FDA) aprobou recomendar a autorización de urxencia da vacúa monodose contra o covid-19 de Johnson & Johnson.
O inmunizador recibiu o respaldo do Comité Asesor de Vacinas e Produtos Biolóxicos da axencia por unanimidade, co que se recomendou a súa aprobación para a aplicación en persoas maiores de 18 anos. Desta forma, prevese que a FDA autorice finalmente a vacina nas próximas horas, informou CNN.
A vacina de Johnson & Johnson converteríase así na terceira inoculación en recibir esta aprobación das autoridades estadounidenses, que xa aprobaron a de Pfizer e a de Moderna. En concreto, este inmunizador notificou unha eficacia do 66 % fronte a casos graves da enfermidade. En Estados Unidos, esta eficacia foi do 72 %, ascendendo ao 85 % en casos graves.
Distintos expertos xa sinalaron que a vacina é segura e eficaz, entre eles a mesma FDA que non detectou efectos secundarios importantes nin reaccións graves nos seus ensaios clínicos. Ademais, trátase da primeira vacúa monodose e non necesita de baixas temperaturas extremas no seu almacenamento, como é o caso de Pfizer ou Moderna.
Miguel Arias 2ºB nº1 |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|