Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Afronta tres anos de cárcere por espiar ao seu exmarido con un «zapatófono»
Unha nai divorciada de Vigo enfróntase a 3 anos de cárcere por, supostamente, espiar as conversacións da súa exmarido cun dispositivo parecido ao zapatófono, popular en películas como Anacleto ou Johnny English. A acusada será xulgada o 4 de marzo na Sala do Penal número 1 de Vigo. O dispositivo espía, colocado nunha zapatilla, e a gravación serán as probas crave.
A muller tiña a custodia dos dous nenos menores do matrimonio e o seu exmarido ía visitalos a un punto neutral. Segundo a Fiscalía, a exmuller ocultou un dispositivo apto para gravar son dentro dunha zapatilla deportiva que calzaba o seu fillo de dous anos. Pouco despois, o exmarido visitou ao neno no Punto de Encontro Familiar de Vigo e charlou co pequeno nun cuarto privado, mentres o micrófono da zapatilla gravaba toda a conversación sen coñecemento nin autorización do adulto. A primeira gravación data do 12 de maio do 2019. A nai, supostamente, usou o truco varias veces e decatouse das charlas entre a súa exmarido e un dos fillos en común durante as visitas. A Fiscalía recalca que «invadiu a esfera persoal e íntima da súa exmarido» e acúsaa dun delito de descubrimento de segredos. Pide que a exmuller cumpra penas de prisión e pague unha multa de 6.000 euros.

Pablo Estévez Taboada - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-02-2021 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0