Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os menores de 55 anos xa contaxiados recibirán unha soa dose da vacina
O Ministerio de Sanidade publicou a cuarta actualización da Estratexia de vacinación fronte a covid-19 en España, tras o acordo alcanzado pola Comisión de Saúde Pública, no que se establece que as persoas con menos de 55 anos que teñan pasado a infección por COVID-19, tanto de forma sintomática como asintomática, só recibirán unha dose seis meses despois da infección. Segundo especifica o documento, en calquera caso, non será necesaria a realización de probas serológicas nin antes nin despois destas vacinacións para verificar se se posúen anticorpos contra a COVID-19. A actualización inclúe tamén as recomendacións de vacinación das persoas con infección previa por coronavirus , tanto asintomáticas como sintomáticas. Tras a revisión dos estudos clínicos existentes recoméndase nos maiores de 55 anos con diagnóstico de infección que recibiron a primeira dose, a inoculación da segunda cando estean completamente recuperadas e teña finalizado o período de illamento.

Juan García Ocampo - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-02-2021 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0