Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un home mata a puñaladas a unha veciña de 22 anos en Ourense e deixa ferido de gravidade ao seu noivo
O atacante asestou polo menos nove coiteladas á muller, que morreu case no acto. O sobrevivente é primo do agresor
A medida que transcorre a mañá van transcendendo máis detalles do terrible crime que sacudiu esta madrugada a capital ourensá e que se saldou cunha moza de 22 anos morta e o seu noivo, de 26, ferido moi grave. Segundo confirmou este mediodía o comisario de Policía Nacional da capital ourensá, Juan Carlos Blázquez, a moza morreu tras recibir polo menos nove puñaladas a mans dun primo da súa parella, quen tamén sufriu varias feridas incisas polas que se debate agora mesma entre a vida e a morte. O seu estado é crítico.
O xefe policial explicou que os feitos ocorreron ao redor das cinco da madrugada, cando se recibiu unha chamada no 091 alertando do suceso, ocorrido no barrio da Batundeira, na parroquia de Velle. Ao chegar ao lugar os axentes atopáronse coas vítimas, aínda que a nova, Ana B. R., xa morrera. O seu noivo, ferido moi grave, tivo tempo de falar cos axentes e sinalar ao seu agresor, referíndose a Diego, un primo seu residente nunha vivenda situada moi preto, como a persoa que minutos antes chamara á súa porta e, tras abrir eles confiados porque levaban ben, atacounos sen mediar palabra. Tras o sorpresivo asalto, o ferido aínda tivo forzas para avisar aos seus pais, e foron eles quen alertaron ás autoridades.
E mentres unha ambulancia trasladaba a fume de carozo ao novo ferido ao Complexo Hospitalario de Ourense, onde foi intervido de urxencia, os axentes buscaron ao agresor, de 36 anos e sen antecedentes policiais. Non tardaron en localizalo dentro da súa vivenda, sen opor resistencia algunha ao seu arresto. «Non era consciente do que pasaba, estaba en estado catatónico, afastado da realidade», asegurou o comisario, quen tamén informou de que o homicida ten algúns antecedentes psiquiátricos, polo que é plausible que puidese ter sufrido un brote psicótico. É por agora a única explicación para este suceso tan tremendo, xa que agresor e vítimas levaban ben e nunca antes rexistráronse desavinzas entre eles, segundo confirmaron fontes da contorna.
Un nivel de violencia altísimo
En canto á arma, un coitelo de cociña duns vinte centímetros de folla, foi tamén localizado polos axentes. Tras deixar ás vítimas no chan no medio dun enorme charco de sangue, o agresor foise á súa casa, pero antes lanzou a arma homicida a unha leira lindeira, onde puido ser recuperada. Policialmente, xa que logo, o caso parece estar pechado.
«Foi unha agresión cun nivel de violencia altísimo», dixo o comisario, que espera que nas próximas horas póidaselle tomar declaración ao sospeitosos e envialo ante o xuíz. Ata o momento non dixo nada sobre o ocorrido. O agresor residía só e nalgunhas ocasións recibía visitas da súa nai. Na comisaría aseguran agora que están moi pendentes del para velar pola súa seguridade.
Durante toda a mañá efectivos da policía xudicial e científica da comisaría da capital estiveron na escena do crime solicitando probas que poidan achegar máis detalles sobre o ocorrido.

Martín Lage Fernández Nº 15 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-02-2021 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0