Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O superAVE que quere a Xunta e que pode circular a 360 por hora xa se proba na liña Madrid-Galicia
Talgo e Renfe iniciaron as probas en vía da xoia da coroa do material rodante de alta velocidade, o Avril, o único tren do mundo con rodaxe desplazable para máis de 300 kms/h e que a Xunta reclamou para dar servizo a Galicia cando este ano se poña en servizo o último tramo para completar o novo acceso ferroviario central. O interesante, ademais, é que os primeiros ensaios -que comezaron esta semana- levan a cabo na liña Madrid-Galicia, segundo confirmou o fabricante Talgo nun comunicado. Trátase da fase final no proceso de fabricación das 30 unidades, das que dez estarían preparadas para circular nas liñas francesas e competir coas operadoras do país veciño. Ten outra vantaxe interesante: os convois teñen unha capacidade marca de 581 prazas nun só piso, ao aproveitar ao máximo o gálibo da vía e contar con disposicións de asentos en grupos de tres e dous, similar á dalgúns avións.
As probas de homologación iniciáronse na liña galega, aínda que poderían estenderse posteriormente a outros lugares da rede ferroviaria en España. En principio, este feito non quere dicir que definitivamente se destinen algunhas destas unidades a esta conexión. De feito, Renfe aínda non confirmou que Galicia contará con estes trens a pesar das continuas interpelacións parlamentarias sobre este asunto. O Avril ten 200 metros de lonxitude e doce coches, que se sitúan á mesma altura da plataforma, o que permite aos viaxeiros acceder ao tren e desprazarse por todo o seu interior sen chanzos nin ramplas. Grazas á súa alta capacidade de transporte e un peso lixeiro, minimizan o consumo enerxético. Son, en definitiva, máis eficientes.
«Os ensaios están destinados a comprobar o comportamento dinámico de todos os elementos do tren e en particular dos sistemas de rodaxe, en condicións de operación progresivamente máis complexas e ata chegar á velocidade necesaria para homologalo tecnicamente a máis de 360 kms/h», explica o fabricante. No entanto, a súa velocidade comercial estaría limitada aos 330 por hora.

Paula Rey-Stolle González, nº 20
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-02-2021 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0