Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os camioneiros volven comer quente: “Movemos o mundo e somos os últimos dos que se acordan” |
|
No habitáculo no que percorren o país moitas horas ao día tiveron que comer nestas últimas semanas sen servizo de restauración para transportistas. Son un sector esencial, que garante o abastecemento de bens de primeira necesidade e mercadorías para todos os ámbitos produtivos, e tiveron que arranxarllas para alimentarse, con bocadillo ou fiambrera, ou con algún produto comprado nun súper ou nunha tenda de gasolineira, consumindo no exterior ou na propia cabina. Desde onte xa poden gozar dun prato no interior dos restaurantes das áreas e estacións de servizo das principais estradas. Deben presentar a tarxeta profesional de transportista e ocupar mesas individuais.
Santiago, residente en Toledo, de 46 anos, 20 como camioneiro, percorre co seu tráiler España, transportando vehículos. En “Valencia, Cataluña, Aragón, Galicia...” –enumera– as restricións afectan os choferes. “Esperteime en Coruña, subín a Ferrol, nada aberto, baixei a Coruña e Santiago, nada, e ata aquí. Veño porque me avisaron dous compañeiros no polígono de Barreiros”, dicía onte tras aparcar o seu vehículo na estación de servizo de Rante (San Cibrao das Viñas), situada entre as autovías A-52 e a AG-31. “Ten tarxeta de transporte? Vale, enseguida móntolle a mesa”, indicaban os camareiros do restaurante do sentido Porriño, que tamén dá servizo aos hóspedes do hotel, quen pode sentar xuntos a comer se comparten cuarto. “Estes días tocaban bocadillos, cousas precociñadas ou ir ao súper. Comía na cabina ou nas paradas das vías de servizo, nun banco”. Santiago considera unha “vergoña” que as restricións impostas á hostalería en distintas comunidades afectasen mesmo a que os camioneiros non tivesen onde comer quente. “Nós somos os que movemos o mundo”, lembra.
Valeria Labandeira Reimondez
1º BACH A
Nº 7
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|