Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un home mata a puñaladas a unha moza de 22 anos en Ourense
Esta madrugada na capital ourensá sucedeu un terrible crime, que deixou unha moza de 22 anos morta e o seu noivo, de 26, ferido moi grave. Segundo confirmou este mediodía o comisario de Policía Nacional de Ourense, Juan Carlos Blázquez, a moza morreu tras recibir polo menos nove puñaladas a mans dun primo da súa parella, quen tamén sufriu varias feridas incisas polas que agora se atopa entre a vida e a morte. O seu estado é crítico.

O xefe policial explicou que os feitos ocorreron ao redor das cinco da madrugada, cando se recibiu unha chamada no 091 alertando do suceso, ocorrido na parroquia de Velle. Ao chegar ao lugar os axentes atopáronse coas vítimas aínda que a moxa xa morrera. O seu noivo, ferido moi grave, tivo tempo de falar cos axentes e sinalar ao seu agresor, referíndose a Diego, un primo seu que ao parecer se levaban ben.

Non tardaron en localizar ao agresor. Informouse de que o homicida ten algúns antecedentes psiquiátricos, polo que é plausible que puidese ter sufrido un brote psicótico. É por agora esta é aúnica explicación para este suceso.



Sabela Alonso Crespo
1º A BAC
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-02-2021 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0