Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A chegada a Marte |
|
A NASA fíxoo de novo. A axencia espacial volveu colocar un vehículo na superficie marciana coa chegada este xoves do rover Perseverance a Marte. O rover forma parte da misión Marte 2020, o décimo da NASA que pisou con éxito o planeta vermello.
O rover despegou o 30 de xullo do ano pasado nun foguete Atlas V-541, aproveitando que Marte estaba especialmente preto da Terra. Aínda así, foron 480 millóns de quilómetros os que percorreu Perseverance durante os sete meses que durou a súa viaxe.
O vehículo da NASA agarda agora polo menos dous anos de traballo na superficie marciana onde buscará sinais que indiquen se a vida floreceu no planeta veciño. O rover estudará biomarcadores nas rochas.
Marte 2020 foi a terceira misión en chegar a Marte en febreiro. A sonda Hope dos Emiratos Árabes Unidos logrou entrar en órbita o martes 9. Todo un logro para o país, que aínda non alcanzara o planeta veciño. China fixo o mesmo ao día seguinte coa misión Tianwen-1 que xa está a dar voltas ao planeta. Os asiáticos tamén poñerán un rover na superficie ao estilo da NASA. A perseveranza terá así un novo compañeiro a partir da primavera.
Valentina Segovia
1 BACH A
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|