Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A borrasca Karim déixanos inundacións por toda a comunidade
A constante chuvia das últimas semanas xa provocaba a subida dos ríos galegos, pero Karim puxo a guinda do pastel. O temporal que arrasou especialmente a comunidade o sábado deixou imaxes de ríos desbordados na zona de Bergantiños, e outros a piques de facelo. Existe preocupación en moitas partes do interior sobre como serán os próximos días.
O caso máis grave, segundo o CIAE 112 Galicia, produciuse en Ponteceso, onde os servizos de emerxencia despregaron bombas de achique para aliviar a auga acumulada en vivendas e outros edificios debido ao desbordamento do río Anllóns. A Xunta mantén activo o Plan Inungal debido á posibilidade de rexistrar desbordamentos. O centro de emerxencias fai un chamamento aos cidadáns para que actúen con precaución, especialmente nas estradas ante a posibilidade de atopar petos de auga e inundacións.
En Ourense, as chuvias inundaron as zonas próximas aos ríos. Cos encoros ao 84% e desaugadoiro, o Miño ao seu paso pola capital ourensá cubría algunhas zonas, aínda que os paseos levaban varios días pechados ao tráfico de persoas. O río Avia en Ribadavia, que inundou parte da súa área recreativa e o Arnoia en Baños de Molgas, tamén preocupou polo seu exceso de caudal.
Candela Vidal- 4º ESO C
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-02-2021 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0