Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A provincia de Ourense dobrega a terceira ola: |
|
28 hospitalizados menos e os casos activos
baixan a 734.
O área sanitaria reduciu en 130 os seus casos,
que baixan a 734, mentres os ingresos por covid
descenden a 68, 28 menos que onte.
O área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco
continúa dobregando a terceira ola da pandemia.
Os datos actualizados este sábado por Sanidade
reflexan a boa tendencia da provincia, que
continúa reducindo os casos activos e as
hospitalizacións. En canto aos positivos, Ourense suma unha nova xornada de baixada, e xa
son 22 días seguidos, tras notificar 130 casos menos con respecto á xornada anterior, o que
deixa a cifra total en 713, un dato que non se alcanzaba desde o pasado 6 de xaneiro, cando
había 734 casos activos.
A tendencia positiva afecta tamén os hospitais, onde se produciu un descenso de 28 pacientes.
Agora mesmo hai 68 persoas hospitalizados por covid, das cales 60 están en planta (-23 con
respecto a onte), e 8 na unidade de críticos, cinco menos con respecto á xornada pasada. A
última vez que os indicadores hospitalarios tiveron un rexistro similar foi o pasado 16 de
xaneiro, cando había 69 pacientes covid nos hospitais ourensáns.
En canto aos novos contaxios, na última xornada detectáronse 25 novos positivos a través de
23 probas PCR, o que eleva o total a 14424. Neste sentido, a provincia realizou 200422 PCR
desde o inicio da pandemia, 573 nas últimas horas.
Sanidade informou de que no último día 155 persoas superaron o virus na provincia, o que
incrementa a 13313 o total de curados. Ademais, a provincia suma a súa cuarta xornada
consecutiva sen notificar ningún descenso.
Ana María Cid Borrajo. 4o ESO A. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|