Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Demi Lovato sufriu un infarto e tres ictus tras unha sobredose
Demi Lovato revelou onte que sufriu un infarto e tres derrames cerebrais despois da sobredose pola que estivo hospitalizada no 2018 e tras a que case perde a vida. “Os médicos dixeron que só tiña 5 ou 10 minutos máis de vida”, afirma a cantante no tráiler do documental Dancing with the Devil, que chega o 23 de marzo en catro entregas en Youtube.

A artista estadounidense de ascendencia mexicana regresou aos escenarios na celebración dos Premios Grammy do ano pasado tras un período de rehabilitación despois de sufrir unha sobredose por consumo de fentanilo no verán do 2018, que aínda ocasiona secuelas na súa saúde.

“Quedei con dano cerebral e aínda estou a lidar cos efectos. Non podo manexar vehículos porque teño puntos cegos na vista. Durante moito tempo non puiden ler”, explicou a estrela nunha chamada con representantes de medios de comunicación para presentar o documental.

“Estou agradecida por eses recordatorios, pero dou as grazas por ser alguén que non tivo que facer moito para rehabilitarse. Estou moi orgullosa da persoa que son agora”, dixo. No documental abordará toda a historia e contará a súa experiencia en primeira persoa.
-Marco Antonio Toledo López 1º BAC B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-02-2021 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0