Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os refachos de vento superan xa os 100 quilómetros por hora en Galicia |
|
Os efectos da borrasca que afectará a Galicia esta fin de semana, ‘Karim’, comezáronse a percibir desde primeira hora deste venres, cando os refachos de vento alcanzaron velocidades superiores aos 100 quilómetros por hora no norte da provincia de Lugo e a Costa da Morte.
Segundo datos solicitados por Meteogalicia, o valor máis elevado, case 115 quilómetros por hora, rexistrouse pasadas as 5,00 horas en Viveiro (Lugo), mentres que sobre as 5,30 horas superáronse os 102 quilómetros por hora en Burela (Lugo).
Ademais, ao redor das 9,20 horas, os refachos de vento excederon os 106 e os 95 quilómetros por hora nos municipios coruñeses de Vimianzo e Arteixo. Así mesmo, en Muras (Lugo) e Carballeda de Valdeorras (Ourense) o vento alcanzou velocidades de 101 e 97,6 quilómetros por hora, respectivamente, durante a mañá deste venres.
Tamén se prevé que na Coruña e Pontevedra prodúzanse choivas intensas que poderán acumular até 80 litros por metro cadrado en 24 horas, polo que se activará a alerta laranxa a partir da tarde deste venres. Os ventos na costa serán fortes e haberá mala mar no litoral de Galicia, onde hai previsión de ventos en terra que poderían alcanzar os 100 quilómetros por hora nas áreas máis afectadas.
Iván Abad Álvarez
1º BACH B
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|