Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nenos sen infancia
Leo un interesante traballo de Gregorio Luri, 10 tese sobre o videoxogo, e penso: “Por fin algo de opinión baseada no logos e non na doxa, un decálogo documentado e redactado desde a lóxica, e non desde a urxencia ou a conveniencia”. Porque o texto é valente e está limpo de tópicos.


Cando falamos de mocidade e educación, son precisamente os tópicos o que máis sobra e a vez o que máis abunda. Conta Luri que afirmar que o exceso de videoxogos é prexudicial resulta unha perogrullada. Porque é nocivo calquera exceso, non só o de videoxogos. Unha copa de viño é saudable: cinco botellas poderían resultar mortais. Unha mazá é sa e depurativa, trinta resultarían venenosas. Por tanto, hai que ampliar a lente. Porque resulta que existen estudos que demostran que o consumo de xogos violentos non che converte en violento. Para orientarnos nos diagnósticos do que lles ocorre aos nosos mozos, o camiño correcto é poñer o acento da observación do que fan os adultos. Para darnos conta, por exemplo, de que tipo de infancia engaiolada estamos a proporcionar aos nosos nenos. Pregúntase Luri, e ten razón, cantos dos nosos nenos han tidos cabanas na árbore, e como xogaban os nosos avós. E ten razón: descabezaban gatos, despanzurraban cans, lanzábanse pedruscos…

O cal me fai pensar en que tipo de pedagoxía floral estamos a proporcionar aos nosos menores. Para pescudalo non fai falta máis que charlar cos alumnos de primeiro de ESO. Din que na escola “non facían nada, só dinámicas”. Non estou en contra da educación emocional, pero si de que substitúa o vector técnico e o tempo que se debe investir en adquirir contidos académicos. A primaria non pode converterse nunha policía moral e emocional. Esa utopía evangélica e ese control poderían estar detrás dalgunhas explosións actitudinais incomprensibles en secundaria, que todo profesor presenciou e para as que actualmente non hai resposta.

Lucia Rodrigues
1º A Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-02-2021 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0