Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Tramitan dous novos parques eólicos na comarca de Ordes
A comarca de Ordes converteuse nos últimos anos nunha zona de interese para o sector eólico, con varios proxectos en curso. A eles engádense dous máis cuxa tramitación arrincou o pasado día 5: o parque eólico Tornado, e as súas infraestruturas de evacuación, e o Orzar. En ambos os casos promóveos a empresa Greenalia Wind Power e está previsto que canalicen a enerxía xerada mediante a futura liña de alta tensión Campelo-Mesón (Ordes), cuxa construción está en trámite.

O parque Orzar expón a instalación de dez aeroxeradores tripala con 150 metros de rotor, distribuídos en chan dos municipios de Tordoia e Carballo. O orzamento estimado para construílo supera os 45 millóns de euros.

E o proxecto Tornado prevé dispor de doce pas do mesmo tamaño e distribuídas polos concellos de Tordoia, con tres aeroxeradores, Trazo e Val do Dubra. O custo deste parque, con canalizacións de enerxía eléctrica divididas en tres tramos ascende a 52,6 millóns de euros. A instalación eléctrica deste parque unirase ao proxecto de Orzar, tal e como consta no anuncio conxunto de ambos os parques eólicos.

Sabela Alonso
1º A Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-02-2021 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0