Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ATRAPAN A UN GRUPO CRIMINAL
A Garda Civil concluíu a operación ANGLO coa desarticulación dun grupo criminal organizado, acusado de estafar 5.600 euros a un gandeiro de Deza mediante o coñecido como 'timo do asfalto'. A investigación arrincou cando o afectado interpuxo a denuncia no posto da Benemérita en Lalín e indicou que dúas persoas estranxeiras, con acento inglés, propuxéronlle realizar traballos de asfaltado a un prezo moi por baixo do mercado se lle pagaba por adiantado a cantidade mencionada. As obras comezaron de inmediato e, dúas horas despois de que a vítima fixese o anticipo, os traballadores abandonaron o lugar de forma precipitada e sen rematar o labor acordado.
As investigacións permitiron identificar aos principais responsables, localizados en Monforte de Lemos. Son tres cidadáns de nacionalidade irlandesa, romanesa e ecuatoriana, investigados como presuntos autores dos delitos de estafa e pertenza a grupo criminal.

LUCÍA ALONSO
1º A BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-02-2021 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0