Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia descende a niveis de contaxios detectados previos ao Nadal pero as UCI suman catro pacientes
Galicia mantense esta fin de semana en niveis de contaxios detectados similares aos que tiña antes da explosión da terceira vaga, aínda que este descenso no impacto da pandemia aínda non se deixa notar na UCI dos hospitais, que suman outro catro pacientes respecto da xornada anterior. Así figura na actualización dos datos da pandemia que cada día publica na súa páxina web a Consellería de Sanidade con información recollida até as 18,00 horas da xornada anterior (neste caso, do sábado 13 de febreiro).
Así, os servizos sanitarios galegos detectaron un total de 419 contaxios de covid-19 (por calquera tipo de proba diagnóstica) nas últimas 24 horas, nas que o número de casos activos volveu experimentar un descenso superior ao milleiro, que deixa a cifra global en 13.745, 6.000 menos que hai unha semana.
Dos contaxios descubertos, 387 foron por positivo en proba PCR, o 4,7% do 8.095 test practicados, 108 menos que na xornada anterior. Así, Galicia baixa de novo do limiar do 5% de taxa de positividade en PCR, establecido pola OMS como orientación para dar por controlada a pandemia.
No entanto, o descenso nos contaxios aínda non se deixa notar nas unidades de críticos dos hospitais galegos, que continúan en máximos da pandemia. De feito, logo de rexistrarse unha baixada de 10 pacientes nas cifras do sábado, 24 horas despois volve darse unha suba até os 222, catro máis que o sábado.

Iván Abad Álvarez
1° BACH B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-02-2021 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0