Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ourense rexistra un novo pico de ingresos na unidade de críticos: 18 pacientes
A presión asistencial incrementouse nas últimas xornadas
A curva de casos activos segue baixando na área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras. Este primeiro venres de febreiro a cifra de pacientes cae ata os 2.578. É un descenso importante, porque supón 152 menos dos que había 24 horas antes. É unha situación á que se chega tras un elevado número de altas, un total de 261 (daqueles pacientes que se infectaron hai dúas semanas, en pleno pico da terceira onda). Pero tamén segue habendo contaxios e falecementos. Desde o balance de onte confirmáronse 112 novos casos, e faleceron tres persoas.
A boa evolución epidemiolóxica, que se refire ao ritmo de contaxios, non significa que a situación asistencial sexa boa. Ao contrario. A presión asistencial nos hospitais segue crecendo, porque cabe lembrar que o habitual é que un paciente tarde uns 10 días en ingresar desde que dá positivo en coronavirus. Hoxe hai 3 pacientes máis na unidade de críticos que onte. É un ritmo moi alto. Xa son 18 os ourensáns ingresados nas unidades de uci e rea do CHUO. É o novo pico rexistrado nesta terceira onda.
E non só na uci. Tamén crecen os casos no Hospital Comarcal de Valdeorras, onde xa hai 11 pacientes con covid ingresados. No comarcal de Verín continúan 13; mentres que en Cosaga recibiron a un novo paciente. No CHUO son 129 os ourensáns con coronavirus, neste caso supón 5 menos que 24 horas antes.
No detalle por concellos, na cidade de Ourense hai un bo ritmo de altas; e iso provocou que os 941 casos activos de onte caian hoxe ata os 896. En Xinzo, de 125 a 115; no Carballiño, de 115 a 109; no Barco de Valdeorras, de 64 a 60; en Barbadás, de 95 a 90; en Allariz, de 65 a 58; e en Celanova, de 64 a 58. Toda a comarca de Verín, en baixada
En Verín hoxe pasan de 134 casos activos a 122. A tendencia de baixada non é só unha cuestión da capital comarcal, senón que este venres todos os concellos manteñen os casos activos ou baixan. Ningún sobe. Hai 10 pacientes en Castrelo do Val (os mesmos que onte), 17 en Cualedro (sen cambios), 4 en Laza (un menos), 12 en Monterrei (dous menos), 46 en Oímbra (os mesmos que onte), 13 en Riós (catro menos) e 16 en Vilardevós (un menos).

Martín Lage Fernández Nº 15 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-02-2021 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0