Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Detido o veciño de cuarto do home asasinado en un hostal de Mondariz:

O falecido, de 44 anos, tiña problemas de convivencia co único sospeitoso, que o tería asasinado fronte ás estancias de ambos para trasladalo a un baixo cheo de cascallos.
O corpo de José Luis Faro Fernández, de 44 anos, foi localizado o venres sobre as 20.30 horas no hostal O Refuxio, de Mondariz, o seu fogar desde facía 17 anos. Era natural de Barro, na parroquia de Gargamala, e moi coñecido entre os seus veciños, que lle puxeron o alcume do Cabra, por saudar emitindo unha voz similar á deste animal. A Garda Civil soubo da súa ausencia tras informar diso o propio alcalde de Mondariz, que o coñecía ademais pola súa vinculación recente a unha cuadrilla municipal dedicada a rozas e limpezas.

Axentes do posto de Ponteareas desprazáronse ao hostal, onde se atoparon unha escena especialmente desagradable. As manchas de sangue traspasaban a porta do cuarto ata invadir o corredor. Decidiron tirar abaixo a porta e, xa dentro da estancia, só atoparon máis sangue. Tras inspeccionar o inmoble, que se atopa anexo, pero independente ao edificio principal do hostal, chegaron a un baixo desocupado onde apareceu o cadáver ensanguentado e con cortes.

Non tardaron en dirixirse todas as sospeitas cara a o seu veciño de cuarto, co que tiña problemas de convivencia por ruídos. As probas necesarias para detelo chegaron ao pouco tempo. Por agora non transcendeu a identidade deste home, que xa foi trasladado á Comandancia da Garda Civil de Pontevedra. A tese inicial recolle que o arrestado atacou á vítima ante as portas contiguas de ambos os cuartos, cravoulle varias veces unha arma branca e, logo, escondeuno no baixo cheo de cascallos máis próximo. Por agora descoñécese o número exacto de feridas, aínda que todo indica que foron causadas con arma branca. A unidade ao cargo da investigación é o Grupo de Delitos contra as Persoas da comandancia da Garda Civil de Pontevedra.


Andrea Romero Castro 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-01-2021 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0