Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Detido un cazador tras matar dun disparo accidental a unha persoa que recollía piñas:


Participaba nunha batida de xabarís e hai indicios de que disparou cara a unha zona de seguridade á que non está permitido apuntar.
Os Mossos d'Esquadra detiveron este sábado a un cazador que presuntamente matou dun disparo accidental a unha persoa, que recollía piñas, cando participaba nunha batida de xabarís na paraxe forestal Font Sunyera de Santa Maria de Martorelles (Barcelona), informa Efe.

Segundo informaron fontes próximas ao caso, o cazador, de 54 anos e que ten a licenza da arma en regra, foi detido como presunto autor dun delito de homicidio imprudente ante os indicios de que efectuou o disparo mortal en dirección a unha zona de seguridade á que non estaría permitido apuntar.

O suceso ocorreu cara ás 9.30 horas, cando un grupo de persoas participaban nunha batida para matar xabarís, que fora debidamente notificada pola sociedade de cazadores que a organizaba. Un dos cazadores disparou en dirección a unha zona á que non se podía apuntar, por estar situada a menos de 25 metros dun camiño, e o tiro alcanzou accidentalmente a unha persoa que se atopaba nas inmediacións e que formaba parte dun grupo que estaba a buscar piñas.

Ao parecer, apuntan os Mossos d'Esquadra, o detido tería disparado en dirección a unhas matogueiras que se movían e alcanzou a un home que estaba recollendo as súas pertenzas. A sociedade de cazadores que organizaba a batida sinalizara o perímetro do coto onde se estaba levando a cabo, aínda que se lles levantou unha acta por mor do sucedido, segundo fontes dos Axentes Rurais, que acudiron ao lugar do accidente.

Os feitos mobilizaron ao corpo de Axentes Rurais, que inspeccionaron a zona e tomado declaración ao xefe da batida, e aos Mossos d'Esquadra. Ao autor do disparo mortal comisáronlle a arma.

Noa Varela Varela
2ºB/ nº16



Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-01-2021 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0