Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cribado masivo en Expocoruña desde mañá

O Sergas realizará a partir deste sábado un cribado masivo á poboación da Coruña en Expocoruña para detectar casos de afectados polo covid-19 e así tratar de frear o avance da pandemia na cidade. Do mesmo xeito que os cribados realizados noutros municipios da comarca, como Betanzos, Arteixo ou Carral, citarase aos cidadáns segundo o centro de saúde ao que están vinculados a través dunha mensaxe nos seus teléfonos móbiles. A poboación obxectivo deste cribado vai dos 18 aos 60 anos e acudirán cada día ao redor de 4.500 persoas.

Polo momento descoñécese o número de xornadas que durarán estas probas masivas aínda que os primeiros en ser citados serán os usuarios dos centros de saúde dos Mallos, Matogrande e Elviña-Mesoiro, e prevese que o cribado destes ambulatorios esténdase por un período de «dez días», indicaron desde a delegación da Xunta.

O obxectivo destes cribados é tratar de que aflore o maior número de casos posibles, especialmente os asintomáticos, que non se revelan doutro xeito e que, aínda que non sufran os síntomas da enfermidade, son transmisores sen sabelo. É, xa que logo, un xeito eficaz de reducir a incidencia.


Paloma González González 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 31-01-2021 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0