Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Endesa eleva a 738 millóns o investimento asociado ao proxecto de hidróxeno das Pontes
A planta de hidróxeno verde de 100 megawatts que Endesa proxecta para As Pontes é a de maior tamaño das que a eléctrica construirá en distintos puntos do país. Un día despois de dar a coñecer este proxecto na mesa de transición xusta da antiga vila mineira, a compañía que dirixe José Bogas desvelou todos os detalles sobre o complexo. Así, explica que, ademais da planta de hidróxeno, na que se investirá 127,2 millóns de euros, construirá seis parques eólicos, que son os que xerará a electricidade suficiente para que poida funcionar a terminal. Estarán situados, segundo a empresa, «na contorna da localidade». En conxunto, todo este complexo supoñerá un investimento de 738,2 millóns de euros, condicionada á obtención de fondos europeos.

Trátase dunha iniciativa, enmarcada no Plan Futur-e, que Endesa poñerá en marcha como alternativa ao peche da central de carbón da antiga vila mineira. O emprazamento, ademais, é idóneo para a materialización dun proxecto destas características, pola dispoñibilidade dos recursos naturais necesarios (auga e vento), a cultura industrial e as infraestruturas enerxéticas das que dispón.

As previsións que manexa a eléctrica -que xa presentou a solicitude ante o Ministerio de Transición Ecolóxica- apuntan a que as obras poderían comezar en xaneiro do 2023, e finalizarán en decembro do 2024. Na construción traballarán ao redor de 120 persoas.
Entre xullo do 2023 e decembro do 2024, a compañía instalará seis parques eólicos, que sumarán 611 megawatts de potencia. Requirirán dun investimento de 611 millóns de euros, e a súa execución está previsto que xere ocupación para uns mil traballadores.


Miguel Arias 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-01-2021 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0