Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Saen ao mar en pleno temporal cunha moto de auga e obrigan a despregar un amplo operativo

Con ondas de ata 9 metros e alerta vermella na costa coruñesa, un home e unha
muller saíron ao mar cunha moto de auga. Mobilizaron aos bombeiros, á Policía Local e
a Salvamento Marítimo durante case dúas horas. Ata que finalmente tocaron terra.
Alguén alertara de que dúas persoas que navegaban subidos nunha embarcación non
puideran entrar a porto, no Portiño, e optaron por saír de novo mar dentro para
buscar un lugar na costa onde poder chegar a terra. Minutos antes, outra moto de
auga que tamén saíra si que lograra chegar ao peirao. Foi cando comezou un gran
operativo de procura por terra, mar e aire. Eran as 18.00 horas. Ao principio non
sabían a quen buscaban. Logo, tras ser identificados, descubriron que se trata dun
equipo experto en ondas xigantes dedicado a filmar ou tomar fotografías durante os
temporais. Traballo que levan realizando durante tempo.
Segundo a versión oficial, a muller abandonou a embarcación na zona de Labañou e o
piloto continuou navegando en busca dun lugar no que poder tomar terra e subir a
moto a un remolque. Unha persoa que paseaba pola zona do Orzán divisouno fronte á
Casa dos Peixes. E aí centrouse a operación de procura. Nun principio, pensábase que
podería tratarse dunha falsa alarma debido á incredulidade das autoridades #ante a
idea de que alguén fose capaz de facer tal cousa no medio dun forte temporal. Pero
non. Había testemuñas de que o navegante estaba a pasar serias dificultades. O
Helimer desprazouse á zona e non o localizou. Xa caera a noite. Desde terra, os
bombeiros trataban de visualizalos. E ao mesmo tempo, a Policía Local tentaba
localizar ao vehículo con remolque que os recollería no punto onde a embarcación
atracase. Unha patrulla do 092 deu co automóbil e seguírono. Ata que os axentes viron
como se dirixía a Mariña Coruña, entre o dique de abrigo e o castelo de San Antón. Foi
aí onde atracou. San e salvo. Tras interrogalos, foi identificado. Segundo fontes de
Salvamento, que mostraron un gran malestar por poñer en risco a vida dos membros
do despregamento, o piloto «ten que ser moi experimentado». Din que «calquera que
non tivese amplos coñecementos e moitas horas de mar non sería capaz de cruzar a
costa coruñesa, desde O Portiño ao Castelo de San Antón, dobrando a torre de
Hércules con ondas de ata 9 metros».


Pedro Fernández Fernández
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 31-01-2021 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0