Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha campaña popular demanda presenza do galego nas plataformas audiovisuais

O pasado domingo, María Reimóndez e Eric Dopazo botaron a andar unha
iniciativa para demandar a presenza do galego nas plataformas audiovisuais.
"A imaxe que se transmite é que os galegofalantes non existimos", opina
Reimóndez das recentes estratexias que reducen o galego a un "sotaque local"
e que o presentan "xa non como un dialecto, senón como algo residual ou
exótico".
Reimóndez e Eric Dopazo, que a botaron a andar desde a súa perspectiva de
consumidoras, procurando visibilizar unha demanda -das poucas leis que o
mercado entende- que ten moito detrás. A idea xurdiu de maneira natural: "É
evidente que hai unha desigualdade manifesta na presenza do galego nestes
espazos", denuncia como detonante Reimóndez. Dopazo sinala a inacción da
"Área de Normalización Lingüística", ao que Reimóndez suma que "visto que
quen ten a responsabilidade e a obriga de reclamalo non o vai facer, debe ser a
cidadanía a que se mobilice".

Carmen Cabrera Dorrío
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 31-01-2021 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0