Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DARIAS SUSTITUYE A ILLA EN SANIDAD E ICETA ENTRA EN EL GOBIERNO COMO MINISTRO DE POLÍTICA TERRITORIAL
Carolina Darias substituirá a Salvador Illa como ministro de Sanidade e será substituída polo primeiro secretario do PSC, Miquel Iceta, no Ministerio de Política Territorial e Función Pública do que era ministra ata agora. Anunciouno este martes o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, nunha breve comparecencia na Moncloa despois de acudir ao Palacio da Zarzuela para informar ao rei dos cambios no Goberno.
Finalmente, non houbo sorpresas e Sánchez confirmou como se mantén a remodelación do Goberno tras a marcha de Illa, que a partir de agora centrarase na súa tarefa como candidato do PSC á Generalitat na campaña electoral para as eleccións do 14- F que comeza este xoves.
O cambio de Ministerio por Darias e a entrada de Iceta no Executivo constitúen o "mínimo reaxuste" do Goberno que Sánchez realizou. Os novos ministros xurarán ou prometerán os seus cargos ante Felipe VI o mércores.
O presidente agradeceu que aceptasen as súas novas responsabilidades e asegurou que teñen a súa "confianza absoluta". Como dixo, Darias e Iceta "coñecen moi ben as áreas onde agora desenvolverán as súas tarefas" e están avalados pola "súa experiencia e as súas calidades".


Lucia Suárez
1º A Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-01-2021 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0