Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

En mínimos o abandono escolar cedo na comunidade: só un 12%
BO DATO. Magnífica noticia para a educación en Galicia, que reduce o abandono escolar cedo a unha media do 12 % en 2020, o mínimo na comunidade desde que hai rexistros. Isto, segundo informa a Consellería de Cultura, Educación e Universidade que xestiona Román Rodríguez supón reducir en máis de medio punto o dato co que se pechou 2019 (12,6%) e confirma a progresiva diminución desta taxa, en máis dun 50% respecto ao dato rexistrado de media en 2009 (25,8).

“Este logro é froito do esforzo de todos os axentes implicados no sistema educativo galego, no incremento da súa calidade e en facelo atractivo para a permanencia do alumnado”, destaca o departamento autonómico. Á vista destes datos, a Xunta comprométese a seguir traballando para alcanzar niveis de países de maior referencia neste ámbito, subliñando, en calquera caso, que o sistema educativo cumpriu xa o obxectivo marcado para España pola Unión Europea para 2020, fixado nun quince por cento. Educación destaca na súa nota que incrementou neste curso o persoal de profesorado en 2.300 docentes, grazas aos que foi posible implementar de forma reforzada iniciativas como ARCO ou os contratos programa.

Valeria Labandeira Reimondez
1º BAC A
Nº 7
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-01-2021 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0