Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os pacientes covid críticos xa superan o pico da pandemia, hai 25 en Montecelo:
O impacto da terceira onda segue guindando cifras de marca na área sanitaria. Pontevedra e O Salnés supera xa o pico de enfermos covid críticos rexistrado en toda a pandemia, con 21 pacientes. Segundo o informe do Sergas deste venres, hai nestes momentos en distintas unidades habilitadas en Montecelo 25 críticos. Son a uci convencional, a unidade de curta estancia (uce) e reanimación. As outras dúas unidades de críticos, a unidade de recuperación pos anestésica (urpa) e a de cirurxía maior ambulatoria (cma) resérvanse para críticos non covid. Ademais hai 119 ingresados en planta de tres hospitais (94 en Montecelo, 13 no privado Quirónsalud e 12 no comarcal do Salnés, en Vilagarcía), co que o número total de hospitalizados alcanza os 144. Tamén é a cifra máis alta. Respecto dos casos activos, seguen sen ter teito. Son 2.246, 92 máis que o xoves e déronse 78 altas, co que os novos contaxios nas últimas 24 horas son 170. Fixéronse 1.227 probas PCR. É a novena xornada consecutiva coas infeccións diarias por amais do centenar e con picos de máis de 200 (216 e 212).

Claudia Fernández Blanco
1ºA BACH
Nº4
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-01-2021 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0