Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A preocupante situación do veciño luso
Portugal xa non é ese alumno exemplar no combate contra a covid-19 que todos os países puñan como exemplo. Do primeiro da lista, ata xuño, pasou ao último nesta terceira onda que sacude como un ciclón ao sur do Miño. O país ocupa a primeira posición mundial en número de novos contaxios e falecidos por millón de habitantes, pediu axuda internacional pola saturación das ucis e prohibición de saír do país aos seus cidadáns durante os próximos 15 días.
Máis de dous mil enfermos de covid falecidos dende fai unha semana e unha media diaria de 13.000 novos positivos dende comezos de ano. A cifra récord de contaxios alcanzouse o pasado xoves con 16.443 infectados nun día. Este aumento alarmante de positivos trae consigo o caos e a saturación hospitalaria, sobre todo das ucis de Lisboa e da rexión norte, algunhas próximas a Galicia, como a do hospital de Viana do Castelo.

Miguel González
1º A Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-01-2021 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0