Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Por que a gripe case desapareceu, pero o coronavirus segue a propagarse?
As medidas de prevención implantadas polos países fixeron que apenas se detectasen
infeccións polo virus que causa a gripe no mundo nos últimos meses. Con todo, os
casos de Covid-19 non paran de aumentar e xa superan a triste cifra dos 100 millóns
de infectados e 2 millóns de falecidos.

A continuación podemos atopar algunhas das razóns polas que, aínda que as medidas
de prevención serven para ambos os dous virus, non afectan aos dous por igual:

1. O virus da gripe é estacional

O virus da gripe é un virus estacional cuxa incidencia é maior nos meses de inverno.

2. Este ano vacinouse máis xente contra a gripe
A campaña de vacinación fronte á gripe adiantouse en 2020 con especial atención a
residencias de maiores e vacinouse máis xente.

3. Os períodos de incubación son diferentes
O período de incubación do coronavirus é de entre 2 e 14 (ou mesmo máis) días, un
período moito maior que a gripe, que polo xeral é de 1 a 4 días. 
4. O coronavirus é máis contaxioso

Aínda que o virus da Covid-19 e o da gripe son virus respiratorios que se propagan de
modo similar, o coronavirus é máis  contaxioso  entre certas poboacións e grupos de
idade que o da gripe.

5. A transmisión por aerosois é fundamental
Os estudos parecen indicar que a transmisión por  aerosois  podería xogar un papel moi
importante na transmisión do coronavirus. Doutra banda, considérase que a principal
fonte de transmisión do virus da gripe é mediante pingas máis grandes, as cales non
chegan moi lonxe (uns 2 metros) e caen ao chan relativamente máis rápido ao ser máis
pesadas.

6. O coronavirus xera máis ‘superpropagadores’
Observouse que o coronavirus xera máis casos de ‘superpropagadores’ que o virus da
gripe. Isto significa que o coronavirus pode transmitirse rápida e facilmente a
moitísimas persoas e provocar a propagación continua entre as persoas a medida que
o tempo avanza.

7. Os asintomáticos
A infección polo coronavirus xera unha gran cantidade de individuos sen síntomas que,
ao non saber que están infectados polo virus, seguen facendo vida normal repartindo
o virus a outras persoas- É certo que a infección polo virus da gripe tamén produce
infeccións asintomáticas pero a principal diferenza é que nestes casos adoita suceder
pola existencia dunha inmunidade previa parcial ao virus.

8. A infección por coronavirus podería evitar outras infeccións
A infección por coronavirus podería evitar a infección por outros virus nun fenómeno
de interferencia viral. Moi resumidamente, nalgúns casos a infección por un virus fai
que sexa máis difícil que esa persoa poida infectarse con outro virus durante un tempo
determinado.

Silvia Martínez Pedrouzo 4 ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-01-2021 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0