Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Covid en Ourense A provincia xa contén a terceira ola: reduce 26 casos activos e 8 hospitalizados en 24 horas
En Galicia, os contaxios diarios van a
menos pero seguen aumentando os
ingresos na UCI.
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O
Barco de Valdeorras encadea o seu terceiro
día consecutivo con resultados positivos en
canto a incidencia da pandemia.
Notablemente máis positivos que as tres
anteriores semanas. Aínda é cedo para falar de dobregar a curva, pero a tendencia mellora a
tenor dos datos ofrecidos por Sanidade. A provincia volve baixar os seus casos activos.
Reduce o seu número en 26 durante a última xornada e deixa o total en 2.963.
Outro dos indicadores fundamentais para analizar a gravidade da pandemia chega desde os
hospitais. E os ourensáns volven reducir a súa presión, aínda que siga sendo elevada. Hai 8
pacientes ingresados por covid menos que hai 24 horas. En concreto, hai 168 en planta (-10)
e 14 en UCI (+2).
En canto ao número de contaxios diarios, a área Sanitaria detectou 136 novos, dos cales 96
chegaron a través de probas PCR. Neste apartado é a primeira vez que a provincia baixa do
centenar desde o 12 de xaneiro. E o número de PCR realizado mantívose na media destos
días, con 1.597 test.

Ana María Cid Borrajo. 4º ESO A.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-01-2021 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0