Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Pequefilmes volta esta fin de semana con versión en liña e novas curtametraxes
O festival infantil de curtametraxes Pequefilmes, promovido pola Xunta de
Galicia para fomentar a creatividade e o gusto polo audiovisual entre os
públicos máis novos, continuará o seu desenvolvemento a través da rede.
Entre o sábado 30 de xaneiro e o luns 1 de febreiro o público poderá ver desde
as súas casas a escolma de curtametraxes do festival –organizada en catro
sesións– a través da plataforma tv.festhome.com.

En cumprimento das medidas sanitarias de contención da pandemia da
COVID-19, a Cidade da Cultura suspende así as proxeccións presenciais pero
continúa a desenvolverse exclusivamente en liña. Precisamente o festival dou
este ano por vez primeira o salto dixital, nunha aposta pola emisión a través da
rede para potenciar o consumo de cultura nun momento marcado pola actual
situación da pandemia.

Nesta quinta edición, Pequefilmes seleccionou un programa de 49
curtametraxes de ficción procedentes de 18 países, tanto animadas como de
imaxe real, con técnicas, temáticas, puntos de vista e historias diferentes, que
procuran promover o gusto polo audiovisual de calidade desde as idades máis
novas, ademais de tentar desenvolver entre o público infantil actitudes de
espectadores críticos.

Iván Abad Álvarez
1º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 31-01-2021 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0